Despois dunha semana de moito traballo e de cumprir os mandadiños do Meco, chegou o gran día.
Este
venres de Entroido, xa cos nosos disfraces, elaborados seguindo o noso proxecto anual de
centro, “O futuro que queremos”, o Seis encheuse de artistas do futuro, árbores
e animais do bosque, universo, robots, profesións do futuro,… nos que a reciclaxe e a sostenibilidade
estiveron moi presentes.
Primeiro desfilamos no patio de terra e posteriormente o pasarrúas polo barrio.
De
regreso, xuizo e queima do Meco e para rematar esta xornada degustamos doces
típicos desta festa, orellas, filloas,…
No hay comentarios:
Publicar un comentario