O xoves 26 de maio disfrutamos do espectáculo “Merenda con pan de millo” de Migallas Teatro.
O fío condutor é o
proceso de elaboración do pan de millo cunha posta en escea na que se combina
narración oral e cancións.
Está basado no libro-cd
Pan de Millo da Ed. Kalandraka.
É un libro-disco dirixido
ao público familiar no que se reúnen 14 cancións infantís e versión de temas
tradicionais coa colaboración de prestixiosos músicos galegos.
Temas cotiás e ritmos
diversos para practicar o xogo e a expresión dramática, recuperar a memoria dos nosos maiores e potenciar a nosa lingua.
Disfrutamos cantando “Pan
de millo”, “O piollo e a pulga”, “Unha vella tiña un can”,” Que cousa cousiña é?,
“Miña Abuela Manuela”.
Asinaron no libro de
visitas e nos libros-cd que temos na biblioteca. Moitas grazas!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario