En Educación Infantil lemos“¿Qué haces despierta, Rigoberta?”, escrito por Lucía Mojón e ilustrado por Nanna Garzón, de Serendia Ediciones.
Rigoberta
é unha xirafa, pizpireta, cariñosa e moi dormilona, que vive na sabana acompañada doutros animais. Sen embargo, unha noite pasa algo: os
seus olliños están cansos pero o sono non da chegado, que poderá facer?
Os
seus amigos, ao vela, pregúntanlle sorprendidos: Que fas esperta, Rigoberta? E
aínda que tentan axudala cos seus millores consellos, tomar un vaso de leite quentiño, un baño relaxante, contar ovelliñas,... pero o sono segue sen
aparecer.
Conseguirá finalmente dormir???
Ao final do libro hai unha serie de propostas de actividades sobre estos animais que están en perigo de
extinción.
Un conto sobre a amizade, a xenerosidade e o amor pola lectura.
Lucía, que é mestra, e non puido acompañarnos, preparounos con moito agarimo un vídeo sobre esta historia que compartiu con nós. Moitas grazas por contarnos esta fermosa aventura!!!
Agradecer tamén a Anpa que fixo posible a actividade!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario