Recibimos a visita do colectivo Polo Correo do Vento, que realizaron unha actividade de animación á lectura dedicado a FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, homenaxeado polo Día das Letras Galegas.
Fixeron un pequeno percorrido pola vida de Florencio, recollido no libro “De Valdeorras a México. Terra a nosa!”, de Lela Edicións, con ilustracións de Tania Solla.
A actividade, musicada e en lingua de signos, desenvolveuse en dous momentos: un primeiro, na que contaron e ao mesmo tempo ía debuxando un mural e despois, un obradoiro, no que da man de Carlos e, pasiño a pasiño, fomos debuxando ao autor homenaxeado, fomentando así a creatividade do alumnado.
Quedaron de agasallo para o centro as ilustracións feitas. Grazas por esta fermosa xornada!!!
O noso agradecemento a Anpa que fixo posible esta
actividade!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario