31 may 2022

FORMACIÓN PROFESORADO

A Biblioteca e a BiblioLab do centro non son só un espazo de lecer e formación para o noso alumnado, se non que son espazos abertos a toda a Comunidade Educativa e nos que se realizaron xornadas de formación para o profesorado.

Xornadas nas cales puidemos aprender sobre o uso dos Xogos de mesa cunha finalidade educativa grazas a Aitor Barbosa, e sobre a Impresión 3D, con Luis do Centro Gallego de Robótica.

O uso dos xogos de mesa en xeral contribúen ao desenvolvemento de diversas habilidades cognitivas (memoria, atención, observación, imaxinación, toma de decisións...), sociais (colaboración, socialización, respecto das normas...) e emocionais (mellora da autoestima e confianza, tolerancia a frustración, control de impulsos...); e introducidos no eido educativo permiten non só desenvolver estas habilidades se non que tamén permiten traballar aspectos curriculares dun xeito lúdico a vez que contribúen a aumentar a motivación do alumnado.

Por outra banda na xornada de Impresión 3D, adquirimos unhas nocións básicas de deseño con diferentes programas adaptados a idade do alumnado destinatario e tamén puidemos aprender os parámetros básicos para configurar a impresora e así sacar futuros proxectos deseñados polos rapaces e rapazas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario