Co inicio de Abril, mes dos libros, damos comezo aos
encontros cos autores/autoras.
O venres 1 de abril, recibimos a visita da escritora Teresa González Costa, autora de "Unha abella máxica no camiño", título que forma parte do itinerario lector de terceiro de primaria.
Dúas alumnas foron as encargadas da súa presentación facendo un breve percorrido pola súa vida e obra.
A continuación Teresa, faloulles da nova aventura de Leopolda Diéguez, chea de maxia, fantasía e amizade.
As lectoras e lectores poideron desfrutar das súas
historias, atopar resposta ás diversas preguntas e amosarlle os debuxos feitos sobre o libro.
Foi un faladoiro moi ameno e rematou asinando nos exemplares das nenas e nenos e no Libro de visitas.
Moitas grazas Teresa!!!
Na biblioteca podemos atopar máis libros escritos por ela: Fred Quincalla, o nómade do mar, A filla do ladrón de bicicletas, A nena, o monstro e o mar e a A noite das bicicletas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario