Para conmemorar o Día da Narración Oral e da Poesía, propuxemos ao voluntariado da biblioteca unha actividade con contos rimados/en verso a realizar, na Hora de Ler, do 30 de marzo ao 8 de abril para todo o centro.
O
equipo de biblioteca fixo a selección de lecturas: O pirata Pata de Lata,
Ovelliña, dáme la, A Cebra Camila, Marcelina en la cocina, Bo camiño, Valentiño!,
Rata linda de Compostela, Dez gatiñas viaxeiras e Once damas atrevidas.
Despois reunímonos con todo o voluntariado, divididos en grupos (respetando o
protocolo) escolleron o que ían contar, para empezar a organizarse e
ensaiar.
Na súa posta en escea empregaron marionetas, disfraces, materiais diversos,….
Ao remate de cada contada entregáronlles ao alumnado un agasallo , para degustar, cunha frase vinculado a cada unha das lecturas (moedas de chocolate, corazóns de gominola,….).
Fixérono xenial!!! Grazas polo voso traballo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario