21 abr 2022

VISITA DE LEDICIA COSTAS

Hoxe 21 de abril, recibimos a visita da escritora Ledicia Costas, autora dos libros “Vampira de Biblioteca” e “A Señorita Bubble”, que leu o alumnado de 4º de Ed. Primaria.

Comenzamos cunha pequena presentación por parte do alumnado para despois ir respostando ás moitas preguntas que lle fixeron, curiosidades, como creou as historias, en que se inspirou, as personaxes, …

Contounos moitas cousas, que era unha gran lectora dende pequena, que lle encanta o inframundo, o mundo dos pantasmas, ….. tamén nos adiantou que xa ten escrito o terceiro libro da Señorita Bubble e que, en breve, poderemos desfrutar coa súa lectura.

Foi unha conversa moi entretida e amena!!!

Ao rematar, asinou nos exemplares do alumnado e no Libro de visitas do centro.

Grazas Ledicia!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario