O venres 11 contamos coa presencia do escritor e ilustrador
"ANXO FARIÑA"
Compartiu unha sesión co alumnado de 6º de Primaria.
Falounos sobre un dos seus libros "A CHAVE DA ATLÁNTIDA",que recibiu o premio Merlín de Literatura infantil 2011.
Contounos entre outras cousas que o inspirou para escribir este libro:os seus desexos de cativo,as Illas Cíes,...
Amosounos ilustracións que fixo para este libro e contounos como elaborou aos personaxes principais.
Falou tamén doutras obras que ilustrou,o libro "TI NON XOGAS" de Silvestre Gómez Xurxo ou outro das súa colección "OS MEGATOXOS ".
(Preme na imaxe)
Logo chegou a quenda para as preguntas dos cativos e cativas.Quixeron saber,entre outras cousas,se lle gustaba ler de pequeno,cando comenzou a debuxar,cantos libros ten publicados,....Finalmente deleitounos facendo unha ilustración dun dos nosos alumnos caracterizado coma un auténtico robot.
Firmou os exemplares do seu libro A Chave da Atlántida e no libro de invitad@s.
Máis información sobre Anxo Fariña no
"Blog Os Megatoxos"
(Preme na imaxe)
Na súa Páxina web
(Preme na imaxe)
Presentación en fotos da sesión con Anxo Fariña
No hay comentarios:
Publicar un comentario