27 may. 2012

VISITA DE TERESA GONZÁLEZ COSTA

O VENRES 25 DE MAIO CONTAMOS COA PRESENCIA DE
TERESA   GONZÁLEZ   COSTA

        Dirixida ao alumnado de 4º de Primaria .
      Ao longo da sesión falou  do seu libro "A filla do ladrón de bicicletas",da historia,dos personaxes,....e respostou ás preguntas do alumnado,firmou os exemplares e recibiu como agasallo un diploma e unha camiseta.
     Grazas!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

"A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS",
 Premio Merlín  2010.

"Serafina, que é filla dun ladrón de bicicletas, vive coa súa tía, dona Perfecta, nunha vila mariñeira. A súa máxima aspiración é ser equilibrista nun circo con Celerífera, a bicicleta coa que consegue abraiar, e cara a iso van enfocados todos os seus esforzos, aos que non serán alleos nin a axuda do vello Elías nin as dificultades que lle ocasionan a panda de Martiño o Bravo".

No hay comentarios:

Publicar un comentario