15 may 2012

CONTACONTOS: "MARIO TOMÁS"

O luns 14 contamos coa presencia de
 "MARIO TOMÁS"
"Mario Tomás López comeza a súa andaina teatral no teatro amateur de Lugo en 1984, sendo cofundador da asociación Chévere e participando nos diferentes espectáculos e obradoiros da asociación ata 1987. Formouse en Alemaña, París e Madrid con profesionais da talla de Jacques Lecoq, ou coa directora do teatro Tembr de Moscova, entre outros moitos. 
      Actor en espectáculos clásicos como La vida es sueño, El burlador de Sevilla ou Bodas de sangre, por só nomear algúns, Mario Tomás tamén é e foi director e axudante de dirección doutros moitos, tales coma TROYA SIGLO XXI para o festival de teatro clásico de Mérida (2002) ou a versión e posta en escena dos TRES PORQUIÑOS E ALGÚN OUTRO (2007). 
     Titiriteiro desde 1997 con numerosos espectáculos por toda a xeografía do Estado, tamén colaborou en series como “Aquí no hay quien viva” (2005) e foi a voz da personaxe de Bach no programa El conciertazo en TV-2 (2002/2004). 
      En 2005 crea a compañía de monicreques Tirititempo, coa cal ten estreado xa varios espectáculos: Os Tres Porquiños e Algún Outro, A Illa do Tesouro e Setesete."

Información en:
O alumnado de 1º e 2º de Primaria disfrutaron coas súas historias e os seus personaxes.


Logo firmou no libro de visitas i como agasallo entregámoslle  unha camiseta e un diploma.
Grazas!!!!!!!!!!!!!!!!!


 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario