Quen dixo medo!!!
O
27 e 28 de outubro faremos a Hora de Ler ás escuras.
Non te esquezas de traer a túa lanterna para poder alumear o teu libro.
Pasarémolo de medooo….lendooo!!!!
Quen dixo medo!!!
O
27 e 28 de outubro faremos a Hora de Ler ás escuras.
Non te esquezas de traer a túa lanterna para poder alumear o teu libro.
Pasarémolo de medooo….lendooo!!!!
Celebramos esta data tan especial para as Bibliotecas coa apertura da nosa.
Unha
xornada cargada de emocións para grandes e pequenos pola que estábamos agardando
xa que Broli, a nosa mascota, enviounos unha carta convidándonos á celebración deste día.
Despois
de dous anos voltamos recuperar os recreos na biblio. E hoxe poidemos :
desfrutar dos recantos nos que ler, de escoller o libro que queríamos levar en
préstamo, o voluntariado realizando os seus primeiros empréstitos, de xogos na biblioLab,... E tamén
inician a súa andaina as Mochilas Viaxeiras.
Nesta semana, que coincide co Samaín, teremos máis actividades.
O
remate será o venres 28, que recibiremos a visita do escritor e contacontos Anxo
Moure.
Entre todas e todos estamos a “Escribir” a nosa Biblioteca, espazo de encontro e de convivencia, para aprender, descubrir, investigar, ler, xogar, experimentar, crear, inventar, comunicar,...
Dende 1997 celébrase
o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola
Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa
dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administración
autonómicas.
A Dirección Xeral do Libro e Fomento da
Lectura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria,
impulsa a celebración do Día das Bibliotecas,
este 24 de outubro de 2022.
"A edición deste ano, baixo o lema “BiblioTEcuida”, céntrase en destacar o
papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres e abertos que,
a través dos seus diversos servizos e recursos, preocúpanse por atender as
necesidades dos seus usuarios. As bibliotecas están abertas a toda a cidadanía
e son un piar fundamental ao servizo das comunidades ás que pertencen."
As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que son xanelas para ler, espazos onde aprender e lugares para descubrir.
A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS.
Este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR , e quere poñer o foco en todas as formas de escrita que cuida e ofrece a biblioteca escolar . A escrita como medio de comunicación, expresión, creación, información e coñecemento, aproveitado por algunhas das bibliotecas para esta celebración.
FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES
A biblioteca abrirá as súas portas o vindero luns 24 de outubro, Día das Bibliotecas.
Broli está moi contento porque xa poderemos desfrutar de moitas aventuras, retos e investigacións.
O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á
festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A VII Edición celébrase este ano 2022 o 17 de outubro baixo o lema "Antes, durante e despois das guerras".
A escritora Carmen Domingo, é a comisaria esta VI Edición do Día das Escritoras 2022.
“Un
ano máis recuperamos a palabra de mulleres escritoras que nos seus textos
reflicten sentimentos, procuras e loitas. Mulleres valentes cuxa obra, en
moitas ocasións, foi ignorada. Rescatar hoxe a súa voz é un acto de xustiza e
recoñecemento cara a todas elas”.
O
lema deste ano, destaca, “é unha homenaxe ao papel fundamental que cumpriron en
situacións de conflito bélico e axuda a reflexionar e contemplar con outros
ollos unha situación de sufrimento, pero tamén de xenerosidade e compromiso”.
Desde as bibliotecas escolares propomos que se visibilice a obra das
escritoras galegas, ben a través dunha exposición, ben lendo fragmentos nunha
maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura ou a través de actividades de
investigación, exploración ou creación...
Animamos a toda a comunidade educativa a participar nesta actividade que
visibilizaremos a través desta páxina e nas redes sociais. #bescolaresgal
#bescolaresgalabertas #DíaDasEscritoras
SELECCIÓN DE TEXTOS DE ESCRITORAS
GALEGAS
FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES
Xa están aquí os Retos da Biblioteca. Actividade de procura documental vinculada ao proxecto anual e que nos permitirán coñecer e traballar os Obxectivos ODS da Axenda 2030.
Cada mes investigaremos sobre un Obxectivo.
Comenzamos co Primeiro Reto:
Que son e como alcanzar os Obxectivos ODS?
Plasmar a información en calquera formato(mural, vídeo, texto,…)
Podedes entregala na biblioteca ou enviala ao noso correo:
bibliotecaseisdonadal@gmail.com
Agardamos as vosas respostas!!!
Si estás en 6º de Primaria e queres participar, agardámoste o vindeiro Martes 11 de Outubro no recreo. Explicaremos a súa organización e funcionamento. Anímate a participar!!!
Neste curso 2022/23 o alumnado de 6º EP vai participar no Plan PROXECTA+: “Aprendo programando no Seis” con fin de desenvolver o pensamento computacional a través do deseño de contidos dixitais utilizando o programa Scratch, mentres que desenvolven habilidades comunicativas, de busca e selección de información, de traballo en equipo, de análise e pensamento crítico...
As primeiras sesións estiveron destinadas ao traballo do pensamento computacional desenchufado co cal se iniciaron na programación de robots a través do xogo Cody Roby (podedes descargalo aquí) e da programación de instrucións de tarefas da vida diaria.
Benvidos e Benvidas a un novo curso!!!
“O Futuro que queremos” é o Proxecto Documental Anual que imos desenvolver e, que ten como fin, que o alumnado coñeza o mundo no que vive e, imaxine e actúe no presente, para poder deseñar o futuro no que desexa vivir: un futuro máis xusto, solidario, sostible, responsable... remando así na mesma dirección dos Obxectivos ODS da Axenda 2030 de Desenvolvemento Sustentable.
Para poder imaxinar ese futuro é preciso coñecer o presente, e poderán achegarse á actualidade social a través da investigación e desenvolver actitudes de reflexión e pensamento crítico, habilidades fundamentais para a cidadanía do futuro.
ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema que a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades propón ás Bibliotecas Escolares Galegas para este curso 2022/2023, quere poñer o foco en todas as formas de escrita que cuida e ofrece a biblioteca escolar. A escrita como medio de comunicación, expresión, creación, información e coñecemento.
A imaxe que interpreta este lema proposto para este curso é da calígrafa, deseñadora gráfica e mestra de talleres de caligrafía e lettering Belén L. Méndez coñecida como nacu, que leva xa un tempo colaborando coas bibliotecas escolares en obradoiros.
A biblioteca escolar ofrece oportunidades e recursos para escribir e escribirnos:
-Escribir para saber, para aprender.
-Escribir para comunicar e comunicarnos.
-Escribir relatos, historias.
-Escribirnos, coñecernos a través da escrita:
diarios, axendas, biografía...
-Escribir xuntos en relatos colectivos, encadeados, libros viaxeiros,
wikis…
-Escrita creativa: microrrelatos, haikus, collages, caligrafía…
-Escribir para deixar pegada e preservar a memoria individual e
colectiva.
-Escribir para incluír e visibilizar.
-Traducir.
-Reescribir, versionar e adaptar.
-Escribir no audiovisual: guións, escaletas.
-Escribir para estimular a creación.
Escribir para ser (lido), para que o lector e a lectora dea vida ao libro, ao escrito.
FONTE:BIBLIOTECAS ESCOLARES