24 oct 2022

DÍA DA BIBLIOTECA 2022

Celebramos esta data tan especial para as Bibliotecas coa apertura da nosa.

Unha xornada cargada de emocións para grandes e pequenos pola que estábamos agardando xa que Broli, a nosa mascota, enviounos unha carta convidándonos á celebración deste día.

Despois de dous anos voltamos recuperar os recreos na biblio. E hoxe poidemos : desfrutar dos recantos nos que ler, de escoller o libro que queríamos levar en préstamo, o voluntariado realizando os seus primeiros empréstitos, de xogos na biblioLab,... E tamén inician a súa andaina as Mochilas Viaxeiras.

Nesta semana, que coincide co Samaín, teremos máis actividades.

O remate será o venres 28, que recibiremos a visita do escritor e contacontos Anxo Moure.

Entre todas e todos estamos a “Escribir” a nosa Biblioteca, espazo de encontro e de convivencia, para aprender,  descubrir, investigar, ler, xogar, experimentar, crear, inventar, comunicar,...

No hay comentarios:

Publicar un comentario