16 oct 2022

DÍA DAS ESCRITORAS 2022

O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A VII Edición celébrase este ano 2022 o 17 de outubro baixo o lema "Antes, durante e despois das guerras"

A escritora Carmen Domingo, é a comisaria esta VI Edición do Día das Escritoras 2022

“Un ano máis recuperamos a palabra de mulleres escritoras que nos seus textos reflicten sentimentos, procuras e loitas. Mulleres valentes cuxa obra, en moitas ocasións, foi ignorada. Rescatar hoxe a súa voz é un acto de xustiza e recoñecemento cara a todas elas”.

O lema deste ano, destaca, “é unha homenaxe ao papel fundamental que cumpriron en situacións de conflito bélico e axuda a reflexionar e contemplar con outros ollos unha situación de sufrimento, pero tamén de xenerosidade e compromiso”.

Desde as bibliotecas escolares propomos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición, ben lendo fragmentos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura ou a través de actividades de investigación, exploración ou creación...

Animamos a toda a comunidade educativa a participar nesta actividade que visibilizaremos a través desta páxina e nas redes sociais. #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #DíaDasEscritoras 

SELECCIÓN DE TEXTOS DE ESCRITORAS GALEGAS

FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES

No hay comentarios:

Publicar un comentario