9 abr 2019

VISITA AO SALÓN DO LIBRO


O xoves 4 de abril o alumnado de cuarto visitou o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

Era una saída moi esperada xa que este ano participamos por primeira vez no Salón.

O noso traballo para o Salón , consiste na creación dun LAPBOOK, onde os lectores e lectoras poderán manipular e interactuar co libro. O fio conductor do libro son as inquedanzas do noso alumnado. Como eles mesmos, poderán revolucionar o seu mundo máis próximo, a través dos seus libros favoritos, que os levan a cumprir os seus soños, e así cambiar as maneiras de facer.
Despois de recibirnos Orbil asistimos a un contacontos, “Periplo Atlántico”, a cargo de Polo Correo do Vento no que interactuamos e fomos ilustradores/as do noso Panchito.
Posteriormente realizamos una visita guiada polas distintas estancias do Salón e vimos o noso traballo e os dos outros centros participantes. Pasámolo moi ben!!!

8 abr 2019

ANTÓN CORTIZAS NO SEIS


O martes 2 de abril recibimos a visita do escritor ANTÓN CORTIZAS. Non é a primeira vez que nos visita e estamos seguros que non será a derradeira, xa que é autor de libros estupendos, entre outros , de “VAIA TROPA!” un libro cheo de divertidos e máxicos poemas, que gozou o alumnado de 4º.
Antón, en primeiro lugar respondeu moi amablemente e con moito inxenio a un mónton de preguntas é dúbidas que tiñamos sobre o libro, as súas intrépidas personaxes, os seus debuxos e esas formas tan orixinais de escribir os poemas. Pero nós tamén tivemos inxenio pedíndolle que nos asinara os nosos libros cunha pequena e rítmica canción que lle cantaron Uxía e Alba. Antón quedou abraiado!!
Aquí non rematou a cousa, tamén nos trouxo uns xogos para montar a través da técnica de papiroflexia, “O bico do galo” e un chifre, que nos aínda temos que practicar para conseguir que nos soe tan ben coma a el.
Tamén agasallámoslle cun pequeno libro feito por nós “A nosa tropa”, un libro repleto de poesías coas nosas tolas personaxes e unha chapa e un boli do noso colexio para que siga escribindo así de ben e divertido.

E como non, despois asinounos todo os libros con moito agarimo.
Antón, moitas grazas polo bo rato que pasamos xuntos, agardamos volver verte moi pronto!!!

7 abr 2019

EN ABRIL, MAXIA A MIL...COA LECTURA


En abril, Mes do Libro e da Lectura, a biblioteca e o centro énchense de actividades cunha amplia programación: encontro con escritoras e escritores, contacontos, exposicións, mercadiño solidario, xincana, semana dos artistas, semana robótica, apadriñamentos lectores,...

Seguindo o proxecto anual, o lema elexido é:
“ EN ABRIL, MAXIA A MIL…COA LECTURA"
ENCONTRO CON ESCRITORES E ESCRITORAS
Recibiremos a visita de Antón Cortizas, Sabela Fernández Trelles, Pere Tobaruela e María Canosa, que compartirán momentos co alumnado para falar dos seus libros.
MAGO
O mago Fran achegaranos á maxia de Harry Potter

II SEMANA ROBÓTICA
Do 29 de Abril ao 3 de Maio con diversas actividades cos Escornabots e Mbot: Montaxe e carreiras escornabóticas,...

EXPOMAXIA
Exposición dos traballos realizados sobre o proxecto anual "O Mundo Máxico do Seis"

IV MERCADIÑO SOLIDARIO DE LIBROS
CONTACONTOS
Animación á lectura con Iago López e Anxo Moure

II SEMANA DOS/DAS ARTISTAS
Do 8 ao 12 de Abril con actividades de música e maxia na Hora de Ler.

APADRIÑAMENTOS/AMADRIÑAMENTOS LECTORES
O martes 23  celebraremos o Día Mundial do Libro coa actividade  Libros ao patio  e  Apadriñamentos  e  Amadriñamentos  lectores. Durante esta semana os padriños e madriñas irán coñecer aos seus afillados/afilladas e prepararán as súas lecturas. 
XINCANA 
Xogo de búsqueda polos corredores e distintos espazos do centro. 

31 mar 2019

2 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL


Un ano máis, o IBBY xunto coa OEPLI , GÁLIX e outras seccións, conmemora o Día Internacional do Libro Infantil, 2 de Abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen co fin de inspirar amor polos libros e a lectura.
A responsabilidade do cartel e o díptico deste ano 2019 correspondeulle a Lituania. A autoría do texto e a ilustración son de Kestius Kasparavicius, quen titula a súa mensaxe: “Os libros fannos acougar”.

"...Tan pronto como abres un libro, mergúllaste nas súas tranquilas profundidades e sabes que nel as cousas non pasarán a tanta velocidade que non che permita apreciar nada...."

"...Os libros axúdannos a vivir amodo, apréndennos a observar e convídannos a buscar acomodo e sentar durante un longo anaco. A miúdo lemos sentadas, co libro sobre a mesa ou entre as mans, non si?..."

"Que non falten libros interesantes para o lectorado e lectorado interesante para os libros!"

Galix, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a mensaxe, con tradución ao galego.

MENSAXE  en galego e información sobre o autor.

CONCURSO "Sefie LIX" (OEPLI) (Remata o prazo o 10 de abril)

DÍA DO LIBRO INFANTIL – OEPLI

29 mar 2019

DÍA DAS ARTES GALEGAS 2019: LUÍS SEOANE


O día 1 de abril celébrase o Día das Artes Galegas, un acontecemento instituído pola Real Academia Galega de Belas Artes. No ano 2019, o homenaxeado é o pintor LUÍS SEOANE.
Para celebralo, a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia realizará unha Xornada de Portas Abertas.

A  Rede do Patrimonio Cultural, conscientes de que o mellor camino para a conservación do Patrimonio é o coñecemento, confeccionou un documento sobre a figura de Luís Seoane para os centros educativos, elaborado por  Rosa Espiñeira Pan.

Cartel día das artes galegas para infantil (Ficha do cadro “As Mariscadoras”).

Cartel Luís Seoane.

Máis información nas seguintes ligazóns:

-Unidade didáctica Luís Seoane polo Ceip "Juan Fernández Latorre" para primaria.

-Fundación Luís Seoane
-Museo de Belas Artes de A Coruña

24 mar 2019

PACO NOGUEIRAS : CONTACONTOS


O 21 de marzo o alumnado de educación infantil pasou momentos maravillosos cheos de contos grazas a Paco Nogueiras que viu coa súa maleta cargada de libros  e acompañado do seu acordeón co que puxo música a esas fermosas historias.
Cando recibimos a súa carta comunicándonos que ía vir visitarnos puxémonos moi contentos e contentas , preparando uns debuxos para agasallalo.
Nesta ocasión as contadas foron catro historias de Kalandraka: Nunú no xardín, Violín, Dez dedos nas mans e dez dedas nos pés e Elmer. 
Todos estes libros están dispoñibles na biblioteca para que poidades lelos e disfrutar.
Coma sempre encantounos. Grazas Paco !!!!!

23 mar 2019

XX SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL


Dende o 22 de Marzo  ao 12 de Abril desenvólvese, no Pazo da Cultura de Pontevedra, o XX Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.

O tema da edición de 2019 é A REVOLUCIÓN, co que pretende achegarse á xente máis nova á reflexión e ao pensamento crítico.

Hai máis de 300 propostas para todos os públicos, dende exposicións, roteiros, contacontos, obradoiros, teatro, presentacións e espectáculos musicais.

Ten especial protagonismo a literatura  infantil e xuvenil dos países e comunidade lusófonas, contando coa colaboración de autor@s e ilustradores de Portugal, Brasil e Angola.

Antonio García Teijeiro é o escritor homenaxeado o 2 de Abril, Día Internacional do Libro Infantil.

Todo o Programa aquí

21 mar 2019

ENCONTROS PLAMBE


Os vindeiros 21 e 22 de marzo celebraranse en Compostela os Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares correspondente ao curso 2018/2019, con intervención de persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coas bibliotecas, a literatura, a comunicación, o patrimonio, a mediación lectora, as competencias informacionais e mediáticas, a tecnoloxía educativa e a produción audiovisual.
Ademais, presentaranse un total de 26 experiencias de centros de moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, "hora de ler", voluntariado, biblioteca inclusiva, espazo creativo, proxecto lector, Radio na biblio, clubs de lectura, traballo por proxectos e outros).

Neste ano de "Poéticas Diversas", a poesía estará presente da man de Mar Benegas, Montse Pena e Carlos Negro.


FONTE: Bibliotecas Escolares

20 mar 2019

IAGO LÓPEZ: CONTACONTOS

O venres 15 de marzo recibimos un curso máis a visita do escritor IAGO LÓPEZ.
O alumnado de primeiro disfrutou dunha actividade de animación á lectura co conto “O LOBO CON BOTAS”  da Editorial Xerais, que estiveron traballando durante este segundo trimestre.
Estivemos moi atentos e atentas a esta divertida historia e tamén participamos nela. Moitas grazas Iago por facernos pasar un rato tan agradable!!!

12 mar 2019

ENTROIDO MÁXICO

O venres 1 de marzo celebramos o entroido no centro. Seguindo o proxecto deste curso, O Seis , encheuse de personaxes máxicos.

Infantil de 3 anos: Unicornios
Infantil 4 anos: Peter Pan 
(campanilla, sereas, capitán garfio,…)
Infantil de cinco anos: Mago de Oz 
(Dorothy, espantallos, leóns, bruxa,…)
1º: Mary Poppins 
2º: Trasnos do bosque 
3º: Magos e magas
4º: Personaxes de Alicia no país das marabillas
5º: Personaxes de Harry Potter
6º: Meigas e Meigos das fragas
Desfile no pavillón e pasarrúas polo barrio .
A volta  xuizo e queima do Meco.
E para rematar degustación de productos típicos desta festa (orellas, filloas, flores,...).
Grazas ás familias pola colaboración!!!!!