O
martes 2 de abril recibimos a visita do escritor ANTÓN CORTIZAS. Non é a
primeira vez que nos visita e estamos seguros que non será a derradeira, xa que
é autor de libros estupendos, entre outros , de “VAIA TROPA!” un libro
cheo de divertidos e máxicos poemas, que gozou o alumnado de 4º.
Antón, en primeiro lugar respondeu moi
amablemente e con moito inxenio a un mónton de preguntas é dúbidas que tiñamos
sobre o libro, as súas intrépidas personaxes, os seus debuxos e esas formas
tan orixinais de escribir os poemas. Pero nós tamén tivemos inxenio pedíndolle
que nos asinara os nosos libros cunha pequena e rítmica canción que lle
cantaron Uxía e Alba. Antón quedou abraiado!!
Aquí non rematou a cousa, tamén nos
trouxo uns xogos para montar a través da técnica de papiroflexia, “O bico do
galo” e un chifre, que nos aínda temos que practicar para conseguir que nos soe
tan ben coma a el.
Tamén agasallámoslle cun pequeno libro
feito por nós “A nosa tropa”, un libro repleto de poesías coas nosas tolas
personaxes e unha chapa e un boli do noso colexio para que siga escribindo así
de ben e divertido.
E como non, despois asinounos todo os
libros con moito agarimo.
Antón, moitas grazas polo bo rato que
pasamos xuntos, agardamos volver verte moi pronto!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario