Dende o 22 de Marzo
ao 12 de Abril desenvólvese, no Pazo da Cultura de Pontevedra, o XX Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
O
tema da edición de 2019 é A REVOLUCIÓN, co que pretende achegarse á xente máis
nova á reflexión e ao pensamento crítico.
Hai
máis de 300 propostas para todos os públicos, dende exposicións, roteiros, contacontos,
obradoiros, teatro, presentacións e espectáculos musicais.
Ten
especial protagonismo a literatura infantil e xuvenil dos países e comunidade
lusófonas, contando coa colaboración de autor@s e ilustradores de Portugal,
Brasil e Angola.
Antonio
García Teijeiro é o escritor homenaxeado o 2 de Abril, Día Internacional do
Libro Infantil.
Todo
o Programa aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario