Benvidos e benvidas ao maior espectáculo do ano! A Semana da Biblioteca, do 20 ao 24 de outubro, chega cargada de imaxinación, lectura e comunidade!
A nosa Mochila Viaxeira é unha maleta chea de ilusión!!! Como un circo ambulante en miniatura, viaxa de casa en casa, sementando historias, risas e momentos máxicos en cada parada. Non perdas a oportunidade de recibila no teu fogar e descubrir os tesouros que garda!!.
O mércores 22 de outubro, prepárense para a gran función! Da man do Consorcio Editorial Galego, o noso mestre de cerimonias, o contacontos Servando Barreiro, guiaravos a través dun espectáculo de palabras, música e soños.
Pola tarde, as familias convértense nas estrelas do noso circo! Participarán nunha tarde de xogos de mesa, onde a maxia e a alegría serán os ingredientes principais.
Achégate á biblioteca e déixate sorprender!
No hay comentarios:
Publicar un comentario