Este Outubro, a biblioteca converteuse nun espazo de encontro e diversión, onde o cine e a lectura se fusionaron para crear experiencias motivadoras.
O venres 24, o alumnado de 2º a 6º de Primaria disfrutou dunha emocionante sesión de cine chea de medo e risas coa película "Scooby-Doo". A biblioteca tinguiuse de misterio e tod@s axudaron a resolver o caso!
O luns 27, a biblioteca acolleu unha sesión especial de Samaín protagonizada polos "Bolechas", dirixida aos máis pequenos e pequenas de Edº Infantil e 1º de Primaria. O ambiente encheuse de medo divertido!.
Cada alumno/alumna recibiu unha entrada especial para as sesións de cine. Pero as entradas escondían un segredo! Incluían un código QR que permitía ver as curtas na casa, prolongando a diversión máis aló da biblioteca. A maxia do cine continuaba en cada fogar!
As sesións de Cine na Biblio de outubro foron un éxito! Unha oportunidade para celebrar o mes das bibliotecas, fomentar a lectura, o visionado de contido audiovisual, e crear momentos de diversión e convivencia.

.png)
No hay comentarios:
Publicar un comentario