Un curso máis, as Mochilas Viaxeiras iniciaron a súa viaxe. 20 mochilas, coma acróbatas expertas, voarán de fogar en fogar, levando consigo un universo de posibilidades. Preparádevos para ser os/as protagonistas dun espectáculo único, onde a maxia dos libros cobra vida nas vosas casas.
Dentro de cada mochila atoparedes:
-Unha
carta explicando o seu funcionamento e un listado do material.
-O
Caderno Viaxeiro, o noso particular diario de abordo.
Invitámosvos a encherme de cores, palabras, impresións, suxestións e debuxos.
Contádenos que vos pareceu o contido da mochila, que vos inspirou, que vos fixo
sorrir.
-Un
truco de maxia para sorprender e divertirse en familia.
Como mestr@s de cerimonia desta marabillosa función, a vosa participación é esencial para o éxito da Mochila Viaxeira.
Lembrade, a puntualidade é fundamental para que a
función continúe sen interrupcións. Tratar a mochila e o seu contido con
agarimo, coma se fosen obxectos máxicos. E, sobre todo, desfrutar de cada
instante, de cada palabra, de cada sorriso compartido. A maxia reside na
conexión familiar e no amor pola lectura.
Grazas por formar
parte desta aventura. Xunt@s, faremos da Mochila Viaxeira un espectáculo
inesquecible!



No hay comentarios:
Publicar un comentario