Prepara o teu espírito aventureiro, porque o 30 de outubro, imos celebrar a Hora de Ler ás escuras!!!
Imaxina un espazo envolto na penumbra, onde cada libro se transforma nun tesouro escondido. Cada personaxe, nun misterio por resolver. As palabras, como constelacións, brillarán con forza entre as páxinas.
Para esta viaxe máxica, non esquezas a túa lanterna. Será a túa guía, o faro que ilumine os camiños da imaxinación. Co seu feixe de luz, desvelarás segredos, vivirás aventuras e sentirás a emoción de cada historia coma se fose túa.
Unha experiencia de lectura
única e emocionante! Pasarémolo de medooo…lendooo!!!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario