O voluntariado da Biblioteca preparou dúas lecturas para contar ao alumnado de 1º de Primaria pola Semana da Paz, para educar na tolerancia, no respecto e na solidariedade.
Grazas polo voso traballo!!!
Os libros seleccionados foron:
Fronteiras de papel, Antela Editorial
Con este libro achegan
unha historia, similar a moitas outras vividas polos milleiros de migrantes que
hoxe atravesan o mundo, que a miúdo atopan obstáculos, moitos deles
simbolizados na burocracia que expulsa e crea fronteiras entre as persoas,
fronteiras de papel.
A pomba Dona Paz, Ed. Xerais
A pomba dona
Paz é un relato concibido para que os lectores e lectoras máis novos participen
tamén dos valores da construción pacífica da sociedade e da cidadanía
democrática. Un libro que é un vieiro da esperanza cara a un mundo en paz e
igualdade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario