Neste mes de xaneiro, iniciamos a actividade “As familias contan”, na que as convidamos a vir contar un conto ás clases do seus fillos/fillas na Hora de Ler.
Estas foron as familias que nos acompañaron nesta semana. A cativada desfrutou destes momentos máxicos. Grazas por
compartir a lectura e o voso tempo con nós!!!
Eva, nai de Leo, 4º Edº Infantil, foi a encargada de inaugurar esta tempada
na biblioteca, contándonos “Garavanciño”.
O avó de Carolina, 2º de Primaria, contounos “El abrazo mágico”.
Eva, nai de Sergio, 5º Edº Infantil, “El esqueleto coqueto”.
Kirsa, nai de Noa, 5º Edº Infantil, contounos tres contos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario