12 may 2023

VISITA DE LEDICIA COSTAS

Un curso máis, a nosa biblioteca engalanouse para recibir a nosa madriña, a escritora Ledicia CostasFoi unha xornada moi intensa!!!

Primeiro compartiu un ratiño do seu tempo co alumnado de 4º de Primaria, para falar do seu libro “O neno de lume”.

Contoulles moitas curiosidades e puideron preguntarlle todas aquelas dúbidas sobre a historia, personaxes,... Comentounos que este é o libro que máis lle gusta de todos os que leva escrito.

Posteriormente co alumnado de 3º de Primaria a conversa xirou en torno a unha cuadrilla de nenos e nenas de ultratumba, "Os Minimortos". Unha sesión moi amena na que lle entregaron propostas e suxerencias con ideas para unha nova aventura desta serie.

Rematou asinando nos exemplares do alumnado e no libro de visitas. Grazas Ledicia!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario