Entre as actividades programadas para Abril, a biblioteca organiza a campaña, VI Mercadiño Solidario de Libros Usados, enmarcada no programa Biblioteca Escolar Solidaria.
Do 24 de abril ao 5 de maio, no
vestíbulo do centro, con fondos procedentes do expurgo da biblioteca co
obxectivo de darlle unha
segunda oportunidade a esos libros e fomentar actitudes de responsabilidade e
solidariedade cos máis necesitados.
O voluntariado da biblioteca é o encargado de
organizar esta actividade na hora dos recreos.
Trocamos libros por alimentos: o alumnado pode levar un libro a cambio de traer alimentos non perecedeiros (fariña, azucre, pastas,...).
Todos os alimentos recadados serán
doados ao Banco
de Alimentos de Vigo.
Grazas pola
vosa colaboración!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario