O luns 22 de maio, o Club de Lectura “Ás seis no Seis” tivemos un tertulia literaria coa escritora e xornalista Elena Gallego Abad.
Café, biscoito e verbas para compartir opinións e puntos de vista sobre o libro que lemos ”Sete caveiras”.  Trouxo o seu Álter que nos estivo acompañando
nesta xornada.
Ao longo deste encontro Elena foi
desgranándanos todos os elementos necesarios para escribir:  en que se inspirou, o escenario, personaxes,
a trama,.. a escolla da música “ Siete calaveras”,…
Rematou asinando nos exemplares e no
libro de visitas.
Foi unha tarde moi amena. Grazas  Elena por compartir o teu tempo con nós!!!




No hay comentarios:
Publicar un comentario