Nestes días de Samaín dende Proxecta, o alumnado de 6º de Primaria, seguiu aprendendo a programar en Scratch mergullándose nesa temática. Para iso, escollemos como personaxe típico da época, un morcego e, como fondos, aqueles máis tenebrosos que atopamos no programa (a casa dunha meiga, un castelo encantado, un bosque tenebroso, a escura noite...).
Despois puxémonos a programar e, igual que o Doutor Frankenstein, conseguimos darlle vida ao noso morcego facendo que se movese de arriba a abaixo e de esquerda a dereita. Incluso nos deu tempo de por en práctica aprendizaxes de actividades anteriores e algúns dos morcegos chegaron a felicitarnos o Samaín.
No hay comentarios:
Publicar un comentario