11 nov 2022

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

"A ciencia está chea de momentos épicos coma este. Coñecelos e transmitilos é un deber no que todos, non soamente os que somos científicos, debemos participar. Amigos: temos unha historia da ciencia tan rica como descoñecida. Cando leades unha historia coma esta, facédea vosa e transmitídea, porque cada vez que a contedes estaredes sementando a curiosidade pola ciencia e contribuiredes a facer medrar no noso pobo unha cultura científica moi necesaria, que nos permitirá avanzar como sociedade e nos fará máis libres." 

José Tubío

Desde a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o  MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. 

Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, de José Tubío, profesor, investigador principal e divulgador na USC. Desde 2016 dirixe o grupo de investigación Xenomas e enfermidade do CiMUS. En maio de 2022 recibíu o Premio Nacional de Investigación Oncológica Científica y Técnica Ramiro Carregal na modalidade de talentos emerxentes pola “súa contribución en varios dos descubrimentos máis importantes no campo da xenómica do cancro”.

O manifesto para este ano 2022, baixo o título "O deber de coñecer e transmitir a nosa historia científica" abrirá moitas rutas de traballo e investigación coas que poder berrar "Terra á vista" desde as nosas bibliotecas escolares.

Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais, relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogs de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc. 

FOLLETO INFORMATIVOMES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

MATERIAIS: MES DA CIENCIA EN GALEGO

No hay comentarios:

Publicar un comentario