Este mes de novembro cumpríronse 20 anos da traxedia do “Prestige”. Quixemos que o noso alumnado coñecese o que aconteceu e achegámolos á historia a través de vídeos e imaxes.
Colocamos
un mural con dúas cores que simbolizan o negro do chapapote e o branco dos
voluntarios e voluntarias que se movilizaron para conter esa marea negra.
Nas
aulas de Educación Infantil de tres anos, convidaron aos nenos e nenas a
vivenciar a historia do Prestige a través de dous elementos: o carbón e o
fluido newtoniano.
Co
fluído poideron experimentar a viscosidade do chapapote e entender como daña o
ecosistema.
Tamén fixeron un mural empregando diversos materiais e texturas.
O Voluntariado da biblioteca, preparou o conto Nunca Máis e, ao remate, todos e todas unímonos berrando…
NUNCA MÁIS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario