Do 8 ao 12 de marzo celebramos a Semana da Prensa.
É unha conmemoración que aparece recollida no Calendario Escolar co fin de integrar os medios de comunicación na escola.
Os xornais serán a nosa ferramenta de traballo fomentando a súa lectura e a procura de información.
No lateral dereito do blog co título
" KiosKo-Prensa" tedes un enlace permamente aos principais xornais en
formato dixital.
Está escrito en galego, sen publicidade e impreso en papel reciclado. Publicado por Edicións Moito Conto.
Durante estas
semanas estará nas aulas de 3º a 6º para facer lectura na Hora de Ler.
Podedes ler varios números en formato dixital
A partir dos xornais que tiñamos
na biblioteca elaboramos taboleiros para traballar e xogar cos escornabots.
Elaboración de noticias e xornal de aula.
En Educación Infantil, realizaron o Faro do
Seis.
Partindo da lectura dos libros:
-Greta. La lucha de una niña por salvar el
planeta.
-Wangarie y los árboles de la paz.
Coñeceron e investigaron a estas dúas mulleres.
En sexto, traballaron a igualdade na prensa, buscando noticias nas que a muller é protagonista, nº de mulleres periodistas,….
No hay comentarios:
Publicar un comentario