7 mar 2021

8 M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Día Internacional da Muller 2021 reivindica os dereitos das mulleres  baixo o lema: “Mulleres Líderes: Por un futuro igualitario no mundo da  Covid-19”, celebra os enormes esforzos realizados por mulleres e nenas de todo o mundo á hora de definir un futuro máis igualitario e a recuperación ante a pandemia de  Covid-19, e resalta as deficiencias que persisten. 

A campaña da ONU pretende mobilizar a todas as persoas, incidindo en que coa participación e o liderado plenos e efectivos das mulleres en todos os ámbitos da vida conséguese o progreso para todo o mundo.

O Día Internacional da Muller deste ano é un clamor a favor da Xeración Igualdade, a fin de actuar para conseguir un futuro igualitario para todas e todos.

Axenda 2030 marca como obxectivo número 5: Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas. As bibliotecas deben apoiar a igualdade de xéneros e ofrecer lugares, e actividades, de encontro e empoderamento.

Nas seguintes ligazóns atoparedes recursos e información para traballar o tema. (Preme nas imaxes)

-APRENDE COAS MULLERES GALEGAS 

Proxecto con unidades didácticas e actividades para coñecer a mulleres galegas de diferentes eidos da sociedade, escritoras, mestras, biólogas,...

-ALBUM DE MULLERES GALEGAS

Centro de documentación dixital para divulgar e   investigar a contribución das mulleres á sociedade e cultura galega.


-PORTAL DAS PALABRAS

Sete palabras de pioneiras para o Día da Muller.

-OS BOLECHAS POLA IGUALDADE

Unidade didáctica e conto.

-VIDEOS


-LECTURAS EN FEMININO

Selección de lecturas que contribúen a educar en igualdade.

8M- LECTURAS EN FEMININO de Biblioteca Seis do Nadal

No hay comentarios:

Publicar un comentario