Cada 21 de marzo celebramos o Día da Poesía. Co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética, promover o ensino da poesía,
fomentar a unión da poesía con outras artes como o teatro, a danza, a música, a
pintura,... revivir tradicións orais de recitais poéticos e aumentar a visibilidade da poesía nos medios.
"Cinco motivos para ler poesía" de Fran Alonso
Este ano o Día da Letras Galegas está adicado á escritora, tradutora, editora e poetisa Xela Arias.
Recollemos uns versos do poemario “Darío a diario” adicado ao seu fillo.
Tamén celebramos o Día Internacional dos Bosques.
Cando bebemos un vaso de auga, escribimos
nun caderno, tomamos medicamentos e construimos unha casa,…non sempre
relacionamos estas accións cos bosques.
O lema deste ano é “Restauración forestal: un camiño á recuperación e o benestar”. A perda e a degradación dos bosques xeneran grandes cantidades de gases que provocan o quecemento do clima. Polo tanto, a restauración e a xestión sostible dos bosques axudan a afrontar esta doble crisis: o clima e a biodiversidade.
No Día da Árbore e da Poesía, o poemario Arbolidades (XII Premio Orihuela), de Dávid Hernández Sevillano, Ed. Kalandraka, adéntranos nun bosque repleto de fragancias, cores e sons con versos de vibrante musicalidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario