4 jun. 2012

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA 2012

       A alimentación é un tema fundamental ao longo da vida das persoas.
 E imprescindible unha dieta rica e equilibrada que nos aporte os nutrientes necesarios para levar a cabo as actividades diarias.
  
     A Consellería do Medio Rural e do Mar en colaboración ca Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,a Consellería de Sanidade e Anfaco-Cecopesca,están promovendo unha campaña para dar a  coñecer as múltiples virtudes das conservas de produtos do mar.

                                   

Realízase a través dun obradoiro
"PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA".

    O obradoiro desenvolvese en dúas partes:

-Charla na que se falou dos valores nutritivos das conservas de produtos do mar,..
-Elaboración de bocatas con conservas do mar por parte do alumnado.As especies mariñas en conserva,xunto cunha gran variedade de alimentos vexetais,cereais,lácteos,....serviran para elaborar os bocatas.



O alumnado de terceiro de primaria participou neste obradoiro


Que bocatas máis ricos!!!!!!!!!!

Máis información na Páxina Web (xogos,receitas,......) 

No hay comentarios:

Publicar un comentario