Para conmemorar o 30 de xaneiro, Día da Paz e a Non Violencia, preparamos unha exposición con recursos bibliográficos que buscan informar, investigar e reflexionar sobre a convivencia e os valores que fomentan a Paz.
Para conmemorar o 30 de xaneiro, Día da Paz e a Non Violencia, preparamos unha exposición con recursos bibliográficos que buscan informar, investigar e reflexionar sobre a convivencia e os valores que fomentan a Paz.
O 28 de xaneiro asistiremos na EGAP á Xornada de Biblioteca Creativa que reunirá ás 211 persoas coordinadoras deste programa.
Inaugurará a xornada Manuel Rodríguez Calviño, abordando o valor das tecedoras como escritoras de historias, continuando con obradoiros simultáneos de escornabots, banda deseñada, colaxe, ficción dixital, creación, imprenta creativa, deseñar xogando e mapas téxtiles. Pecharán as experiencias de catro centros falando da evolución e desenvolvemento dos espazos creativos das súas bibliotecas.
FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES
Chegaron novos xogos de mesa á Bibliolab, seleccionados para ofrecer experiencias educativas e divertidas!
Os xogos de mesa estimulan diversas habilidades e fomentan o desenvolvemento persoal. Aquí tes algúns dos beneficios que podes obter xogando:
-Pensamento estratéxico: Planifica e anticipa os movementos do teu oponente.
-Socialización: Aprende a interactuar e colaborar con outros.
-Resolución de problemas: Encontra solucións creativas a desafíos complexos.
-Razoamento lóxico: Deduce e argumenta de forma coherente.
-Toma de decisións: Avalía as opcións e elixe a mellor estratexia.
-Cooperación: Traballa en equipo para alcanzar un obxectivo común.
-Comunicación: Expresa as túas ideas e escoita aos demais.
A Bibliolab
enriquécese cunha nova selección de xogos de mesa deseñados para estimular a
aprendizaxe e o entretemento.
O luns 19 de xaneiro foi un día especial para os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria. Recibimos a visita de GALICLOWN, unha asociación de pallasos de hospital que se dedican a levar alegría aos nenos e nenas ingresados.
Os membros de Galiclown ofreceron unha charla
moi interesante sobre o papel humanizador do pallaso hospitalario. Explicaron como, a través de técnicas de clown, poéticas e artísticas, poden conectar coas emocións dos nenos e nenas enfermos/as e hospitalizados/as.
A visita de Galiclown foi unha experiencia moi enriquecedora para o alumnado chea de emocións e aprendizaxe.
Grazas por educar en valores de solidariedade e colaboración, e por demostrarnos que o humor e a alegría son ferramentas poderosas para superar as dificultades.
O xoves 15 de xaneiro, o Club de Lectura de 6º de Primaria embarcouse nunha doce aventura na Fábrica de Chocolate de Willy Wonka! A emoción era palpable mentres cada membro buscaba o seu billete dourado, o pase máxico para entrar neste mundo de fantasía.
Unha vez dentro, as nosas
lectoras foron recibidas cunha exuberancia de chocolates. Degustaron sabores
exóticos, descubriron recheos sorprendentes e saborearon a cremosidade do
chocolate con leite e a dozura do chocolate branco. Cada bocado era unha nova
experiencia, unha viaxe para os sentidos.
Pero a aventura non rematou
aí! Os membros do club de lectura transformáronse en Oompa Loompas, os famosos
traballadores da fábrica, coa misión de construír a súa propia casa de
chocolate. A tarefa non foi fácil, xa que a tentación de probar os deliciosos
ladrillos de chocolate era inmensa. Tiveron que demostrar forza de vontade para
non caer no río de chocolate e ser expulsados!
A través da cooperación e o traballo
en equipo, os Oompa Loompas lograron superar a proba e construír unha fermosa
casa de chocolate. Compartindo ideas e materiais, demostraron que xuntas podían
conseguir calquera obxectivo. A súa dedicación e espírito de equipo
impresionaron a Willy Wonka, que lles permitiu levar as súas creacións para a
casa!
Foi unha xuntanza marabillosa
chea de risas, aprendizaxe e, por suposto, moito chocolate. Un día para
recordar e celebrar a maxia da lectura e a amizade.
En xaneiro, a biblioteca converterase nun incrible circo máxico onde as pezas de Lego serán as grandes estrelas. No gran circo do Seis, as pezas fan piruetas e equilibrios imposibles. Veremos estruturas que lembren ao circo: torres de acróbatas desafiando a gravidade, home bala feito de bloques, a carpa, a pista, o camión circense…
Durante os recreos de xaneiro, únete á diversión
na biblioteca. Axúdanos a construir este marabilloso circo de Lego e recibirás unha pegatina para a túa folla de retos. Demostra o artista que levas dentro!
Calendario do Libro e da Lectura de Galicia 2026, coas datas, efemérides e conmemoracións máis salientables sobre os libros e a lectura.
As ilustracións son obra da ilustradora Lidia Cao.
O obxectivo deste calendario é fomentar a
lectura e a normalización da presenza do libro en todos os sectores da
sociedade. Trátase dunha ferramenta fundamental para a dinamización
cultural e para difundir figuras senlleiras e datas claves da nosa cultura.
Pretende impulsar entre a cidadanía as actividades culturais arredor das 35 principais efemérides repartidas ao longo de todos os meses do 2026 ao redor das que se organizan distintas propostas.
Entre outras
conmemoracións, celebramos
-Día da Ilustración (30 de xaneiro), homenaxeando ao humorista gráfico Siro López.
-Día das Artes Galegas (1 de abril), homenaxeando ao fotógrafo José Suárez.
-Día das Letras Galegas (17 de maio) que xirará ao redor da escritora Begoña Caamaño.
-Día
da Lectura (3 de novembro), coincidindo co aniversario do nacemento de Xosé
Neira Vilas.
-Día do Patrimonio Inmaterial (17 de outubro) e o Día da corrección de textos (27 de outubro) e o 22 de novembro, Día da música.
Neste ano 2026 destaca a conmemoración do Ano Oteriano tras a declaración oficial do Parlamento de Galicia co gallo de cumprirse o cincuenta aniversario do pasamento de Ramón Otero Pedrayo figura esencial das nosas Letras.
Preme na imaxe para acceder ao documento en pdf.
Neste mes de decembro, coincidindo coa chegada do Nadal, o alumnado de Educación Primaria mergullouse nunha experiencia creativa moi especial nos Polos Creativos.
En colaboración co profesorado de Plástica Bilingüe, os diferentes niveis de primaria implicáronse activamente na creación das decoracións para ambientar o ximnasio de cara ao festival de Nadal. Primeiro preparamos as siluetas coa cortadora láser, e máis tarde, nun traballo totalmente colaborativo, a rapazada dedicouse a pintar cada adorno, enchendo o espazo de cor, creatividade e espírito festivo.
Ao mesmo tempo, o alumnado de 5º de Primaria
participou nun obradoiro de deseño 3D empregando o programa Doodle3D, onde
puido crear dende cero a súa propia bola de Nadal personalizada co seu nome,
experimentando co deseño volumétrico e descubrindo as posibilidades desta
ferramenta.
Nesta Nadal os Polos Creativos convertéronse nun lugar para experimentar, aprender e crear xuntos.
Durante o mes de decembro, a BiblioLab transformouse nun obradoiro de creatividade sostible. A programación estivo enfocada na reutilización de materiais para a creación de adornos de Nadal.
MADEIRA
Decoramos árbores usando lá de diversas cores e gomets. Deixamos voar a nosa imaxinación e pintamos paus. Cada pau decorado contou unha historia diferente, reflectindo a creatividade.
ESTAMPAMOS
A PAISAXE NAVIDEÑA
Empregando materiais variados creamos paisaxes navideñas
cheas de cor e detalles. Esta actividade permitiu experimentar con diferentes
texturas e técnicas para crear representacións únicas da época navideña.
PAPIROFLEXIA
A arte da papiroflexia cobrou vida ao dobrar papel para crear diversas figuras de Nadal. Unha oportunidade para aprender e divertirse.
CASIÑAS
DE CARTÓN
Usando rolos de papel e cartón, crearon pequenas casiñas de
Nadal, decorándoas con branco e detalles. Estas casiñas engadiron un toque
máxico e artesanal á decoración navideña.
POSTAIS
DE NADAL CON COLLAGE
Empregando a técnica do collage, creamos postais de Nadal
personalizadas con recortes, tecidos e outros materiais. Cada postal foi unha
expresión única de creatividade e un xeito especial de enviar os mellores
desexos navideños.
PAPIROFLEXIA
CON LIBROS DE EXPURGO
Unha iniciativa creativa e sostible onde se reutilizaron libros de expurgo para crear árbores de Nadal. Esta actividade promove a conciencia ambiental e a reutilización de materiais, demostrando que a creatividade pode ser respectuosa co planeta.
Presentamos a nosa Guía de Lecturas cos libros que traballaremos despois das vacacións de Nadal. Os autores e autoras visitarán as nosas aulas para compartir a súa paixón pola lectura con todos nós. Teremos a oportunidade de charlar con eles/elas, facerlles preguntas e coñecer de primeira man os segredos que agochan as súas historias.
Tamén incluimos recomendacións de libros e xogos
para descubrir, aprender e gozar en familia.
Animádevos a mercar os libros e xogos
nas librarías da zona. Ao facelo, estades apoiando o comercio de
proximidade, que contribúe a manter viva a nosa comunidade e ofrece un trato
personalizado e un asesoramento experto.
Neste Nadal circense agasalla libros e xogos!!!