Neste mes de decembro, coincidindo coa chegada do Nadal, o alumnado de Educación Primaria mergullouse nunha experiencia creativa moi especial nos Polos Creativos.
En colaboración co profesorado de Plástica Bilingüe, os diferentes niveis de primaria implicáronse activamente na creación das decoracións para ambientar o ximnasio de cara ao festival de Nadal. Primeiro preparamos as siluetas coa cortadora láser, e máis tarde, nun traballo totalmente colaborativo, a rapazada dedicouse a pintar cada adorno, enchendo o espazo de cor, creatividade e espírito festivo.
Ao mesmo tempo, o alumnado de 5º de Primaria
participou nun obradoiro de deseño 3D empregando o programa Doodle3D, onde
puido crear dende cero a súa propia bola de Nadal personalizada co seu nome,
experimentando co deseño volumétrico e descubrindo as posibilidades desta
ferramenta.
Nesta Nadal os Polos Creativos convertéronse nun lugar para experimentar, aprender e crear xuntos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario