12 mar 2019

ENTROIDO MÁXICO

O venres 1 de marzo celebramos o entroido no centro. Seguindo o proxecto deste curso, O Seis , encheuse de personaxes máxicos.

Infantil de 3 anos: Unicornios
Infantil 4 anos: Peter Pan 
(campanilla, sereas, capitán garfio,…)
Infantil de cinco anos: Mago de Oz 
(Dorothy, espantallos, leóns, bruxa,…)
1º: Mary Poppins 
2º: Trasnos do bosque 
3º: Magos e magas
4º: Personaxes de Alicia no país das marabillas
5º: Personaxes de Harry Potter
6º: Meigas e Meigos das fragas
Desfile no pavillón e pasarrúas polo barrio .
A volta  xuizo e queima do Meco.
E para rematar degustación de productos típicos desta festa (orellas, filloas, flores,...).
Grazas ás familias pola colaboración!!!!!

8 mar 2019

8M, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe, 8 de Marzo, conmemórase o Día Internacional da Muller, e nós unímonos á celebración desta data.

O tema deste ano, "Pensemos en igualdade, construamos con intelixencia, innovemos para o cambio", coloca a innovación por parte das mulleres e as nenas, para as mulleres e as nenas, no centro dos esforzos para lograr a igualdade de xénero.
Nas seguintes ligazóns atoparedes recursos e información para reflexionar sobre o tema.
ONU Mulleres


Album de Mulleres Galegas
Preparamos  unha Selección de lecturas que amosan mulleres valentes, loitadoras, que rompen moldes, que contan historias, viven aventuras, persiguen os seus soños,…
Colección MULLERES BRAVAS DA NOSA HISTORIA.
Urco Editora. Novo libro:"Pepa a Loba".
PIONEIRAS 1,2.Ed.Xerais. 
Mulleres Galegas que abriron camiño
Colección MULLERES GALEGAS.Lela Edicións. 
Novo libro:O valor das ideas: a precursora do libro electrónico: Biografía de Angela Ruiz Robles
LAS CHICAS VAN DONDE QUIEREN
25 aventureras que cambiaron el mundo
INTRÉPIDAS
Recolle a historia de 25 mulleres viaxeiras e exploradoras de distintos momentos da historia
Lecturas para o 8M de Kalandraka
Máis lecturas en entradas anteriores


25 feb 2019

ENTROIDO:RECURSOS

Na seguintes ligazóns tedes recursos para traballar o tema (preme nas imaxes)

Recompilación da Coordinadora Galega dos ENDL

Portal das Palabras, sete personaxes do noso Entroido

Portal da Lingua Galega con materiais diversos sobre o Entroido

Seminario Galán: Tres textos de Antón Fraguas sobre o Entroido.
 Entroido de Vigo: Os Merdeiros

Lecturas
“ É tempo de Entroido!” de Ramón D. Veiga da Editorial Xerais.

Neste libro faise un percorrido en verso polos personaxes do noso entroido : cigarróns, peliqueiros, boteiros, troteiros, volante, o merdeiro, madamas e galáns, o oso, vergalleiro, …

Para ter máis información e poder escoitar a canción preme na seguinte ligazón

24 feb 2019

ENTROIDO: MANDADIÑOS DO MECO


Xa chegou o ENTROIDO e con el os Mandadiños do MECO. 

A semana do 25 ao 28  de febreiro teremos que vir como el manda!!! Este ano os mandados serán acumulativos, engadindo o de cada día para actuar o xoves.

O venres 1 de marzo será o pasarrúas polo barrio. Bailaremos, cantaremos as nosas coplas e disfrutaremos desta festa.

Grazas pola vosa colaboración!!!

23 feb 2019

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA

Durante esta semana do 18 ao 22 de febreiro,  conmemoramos o Día de Rosalía (24 de febreiro), con diversas actividades plásticas, traballos de investigación, lectura, recitado de poemas, etc,.. para achegarnos a vida e obra da nosa ilustre poetisa e visibilizar o seu pensamento.
-Mostra bibliográfica de libros no vestíbulo do centro e na biblioteca.
-O martes 19, no recreo, o alumnado voluntario recitou varios poemas: “Has de cantar, como chove miudiño, adios ríos,…..”.
-Exposición de  traballos cos poemas de Rosalía: murais, caretas, ilustracións,…
-Cada día un poema de Rosalía: lectura, recitado ou visionado dun poema rosaliano na Hora de Ler ao longo da semana.
-Marcapáxinas.

-Taboleiro para escornabot: “De Rosalía a Rosalía e tiro porque non me lías”.
-Rosalía no barrio: o alumnado do club de lectura encargouse  de repartir no mercado e nos comercios do barrio os poemas  e versos escritos e ilustrados por 4º.
-O venres 22, despois do recreo, acto poético-musical a cargo do alumnado de 3º  que cantou  "Rosalía" do  libro cd “Paio e o poder da música” do grupo Oviravai  para todo o centro . Fixérono xenial!!!!
Podedes ver o vídeo no  blogue de Música : 

18 feb 2019

ROSALÍA DE CASTRO: RECURSOS

Recompilación de recursos para achegarnos á vida e obra de Rosalía.

 Nasín cando as prantas nasen,
no mes das froles nasín,
nunha alborada mainiña,
nunha alborada de abril.

Por eso me chaman Rosa,
mais a do triste sorrir,
con espiñas para todos,
sin ningunha para ti.

         (Cantares Gallegos)

-Fundación e Casa Museo Rosalía de Castro
-Poemas de Rosalía de Castro
-Recompilación de Son de Poetas
-Poema musicado "Adios ríos, adios fontes":
-Real Academia Galega
-“Caldo de Gloria”, unha iniciativa inspirada no poema “Miña casiña, meu lar” na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia.