Durante
esta semana do 18 ao 22 de febreiro,
conmemoramos o Día de Rosalía (24 de febreiro), con diversas actividades
plásticas, traballos de investigación, lectura, recitado de poemas, etc,.. para
achegarnos a vida e obra da nosa ilustre poetisa e visibilizar o seu
pensamento.
-O
martes 19, no recreo, o alumnado voluntario recitou varios poemas: “Has de
cantar, como chove miudiño, adios ríos,…..”.
-Exposición
de traballos cos poemas de Rosalía:
murais, caretas, ilustracións,…
-Cada
día un poema de Rosalía: lectura, recitado ou visionado dun poema rosaliano na
Hora de Ler ao longo da semana.
-Marcapáxinas.
-Marcapáxinas.
-Rosalía
no barrio: o alumnado do club de lectura
encargouse de repartir no mercado e nos comercios
do barrio os poemas e versos escritos e ilustrados por 4º.
-O
venres 22, despois do recreo, acto poético-musical a cargo do alumnado de
3º que cantou "Rosalía" do libro cd “Paio e o poder da música” do grupo
Oviravai para todo o centro . Fixérono
xenial!!!!
Podedes ver o vídeo no blogue de Música :
No hay comentarios:
Publicar un comentario