Entre
outras actividades a biblioteca proporciona unhaSelección de lecturasprotagonizadas por mulleres que contan
historias, viven aventuras e reivindican os seus dereitos e que podedes atopar en exposición no lugar
habitual.
Nas
seguintes ligazóns atoparedes moitos recursos para traballar o tema nas aulas:
Album
de Mulleres Galegas
Biblioteca Víctor Sáenz
Unidades didácticas infantil e
Primaria STEG
Unidade didáctica "Eu son
coma ti" de "Os poemas do río"
O luns o alumnado de1ºe2ºdisfrutou dunha sesióndeanimación á
lectura da man de Nuria Martín, actriz e
contacontos,que nos fixo pasar un rato moi divertido.
Tina, contounos historias e aventuras dacidade dos contos,acompañando o
seu espectáculo de maxia, música e a participación dos nenos e nenas,na que a
palabra e oslibrosson os protagonistas.Grazas!!!
O mércores 25 de
febreiro recibimos a visita do guionista David Braña que compartiu co alumnado
de 6º unha sesión na que explicou coma elaborar un guión para facer un cómic.
David , xa
estivera con nós noutra ocasión , é guionista, cun gran número de historietas
en diversas publicacións e editoriais.Tamén escribiu o conto Yito y Grima e
unha curtametraxe . Ao longo da súa traxectoria ten acadado diversos premios.
Do 27 de febreiro
ao 28 de marzo de 2015, no Pazo da Cultura de Pontevedra, podemos asistir aoXVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil, cun
programa no que haberácontacontos, teatro, música, obradoirose, sobre todo, moitas
actividades relacionadas coas materias da temática deste ano:
"DA CIENCIA Á FICCIÓN"
Asmatemáticas, aastronomía, abioloxía, afísica, aquímica,....esclarecen feitos e inspiraron grandes historias de ficción.
No Día de Rosalía recibimos a visita do directore dous profesores da Escola Municipal de
Danza que deron un concerto didáctico e presentaron instrumentos de percusión tradicional,tipos de gaitas e
danza e interpretaron determinadas pezas.
Remataron con Negra Sombra ao son da gaita.
Grazas!!!!
Na aula específica,seguindo a proposta da AELG baixo o lema
"Eu son Rosalía", preparamos esta pancarta con pictogramas de
Arasaac.
"Nós somos Rosalía porque
loitamos por conseguir os nosos soños" e o poema "Adiós ríos,adiós fontes".
Onte o alumnado de 1º e 2º disfrutou dunha sesión de contacontos da man de Sabela Gago, que fixo a ledicia dos nenos e nenas nunha actividade moi dinámica, creativa e participativa con xestos, sons, interpretando, ... na que a imaxinación e os contos foron os protagonistas.
O vindeiro 24 deFebreiro,celebramos o Día de Rosalía de Castro,aniversario do
nacemento da nosa ilustre poetisa.
A AELG(Asociación de escritoras e escritores en lingua galega),ademais
de animar a agasallar unlibro en galego e unha flor propón
para ese día realizar actividades encamiñadas a afondar na diversidade
temática da obra rosaliana , de modo que cada persoa descubra con cal das
múltiples sensibilidades da autora se sente máis identificada baixo o lema "Eu son Rosalía"
Para
coñecer un pouco máis a nosa poetisa deixamos estes recursos
Fundación e Casa Museo Rosalía de Castro,
na que podemos atopar información sobre a súa vida,obras,....
Recompilación
da biblioteca "Outeiro de Matilda"
Unidade didáctica sobre Rosalía de "Os poemas do Río"
Lim do Ceip "Alexandre
Bóveda"
Lim basado no libro "Rosalía" editado pola Fundación Rosalía de Castro