22 feb 2015

24 DE FEBREIRO,DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O vindeiro 24 de Febreiro,celebramos  o Día de Rosalía de Castro,aniversario do nacemento da nosa ilustre poetisa.
A AELG(Asociación de escritoras e escritores en lingua galega),ademais de animar a agasallar un libro en galego e unha flor propón para ese día realizar actividades encamiñadas a afondar na diversidade temática da obra rosaliana , de modo que cada persoa descubra con cal das múltiples sensibilidades da autora se sente máis identificada baixo o lema "Eu son Rosalía"
http://axendaaelg.blogaliza.org/2015/02/20/propostas-da-aelg-para-o-dia-rosalia-de-castro-2015/
Para coñecer un pouco máis a nosa poetisa deixamos estes recursos
Fundación e Casa Museo Rosalía de Castro, na que podemos atopar información sobre a súa vida,obras,....
http://rosaliadecastro.org/
Recompilación da biblioteca "Outeiro de Matilda"
https://sites.google.com/site/recursosrosaliadecastro/
Unidade didáctica sobre Rosalía de "Os poemas do Río"
http://ospoemasdorio.com/wp-content/uploads/UD_ROSALIADECASTRO.pdf
Lim do Ceip "Alexandre Bóveda"http://caracolatola.blogspot.com.es/2012/01/rosalia-de-castro-actividade-lim.html
Lim basado no libro "Rosalía" editado pola Fundación Rosalía de Castro
https://dl.dropboxusercontent.com/u/22431202/rosalia/rosalia.html
Lim sobre o poema  "Parece unha rosa"
https://dl.dropboxusercontent.com/u/22431202/poema/rosalia.html

Rosalía Pequeniña

E para rematar este fermoso poema
        Lugar máis hermoso
        non houbo na terra
        que aquel que eu miraba,
        que aquel que me dera.

        Lugar máis hermoso
        no mundo n' hachara
        que aquel de Galicia,
        ¡Galicia encantada!

        ¡Galicia frorida!
        Cal ela ningunha,
        de froles cuberta,
                  cuberta de espumas...

No hay comentarios:

Publicar un comentario