26 dic 2014

EN NADAL,ADOPTA UN LIBRO

Este é o terceiro curso que montamos esta campaña na última semana de Nadal e que ten moi boa acollida entre o alumnado.
Todos aqueles nenos e nenas que estiveron interesad@s achegáronse á entrada do cole, onde estaban expostos os libros, organizados por idades, para que poideran adoptalos e colleron o que máis lles gustou para levalo para casa e así darlle unha nova función (lelos, coidalos ,.....).
Son libros procedentes do  expurgo da biblioteca, que estaban en desuso e nos andeis  sen ningunha función.

19 dic 2014

FELICITACIÓN DE NADAL

A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP SEIS DO NADAL DESÉXALLE BOAS FESTAS NA DEFENSA DUN ENSINO PÚBLICO GALEGO
 
 

16 dic 2014

GUÍA DE LECTURAS DE NADAL

Dende o Equipo de Biblioteca ofrecemos unha escolma de libros para estas datas que serán de lectura obrigatoria cando escomence o novo ano.
 
O tríptico entregarémolo este venres co título do libro que cada aula vai ler e traballar.
A meirande parte dos autores/as ou  ilustradores/as visitarán a biblioteca para que o alumnado poida compartir unha sesión con eles para falar dos seus libros,obradoiros ou contacontos.
Agardamos que nas cartas que enviedes  ao  Apalpador,a Papa Noel e aos Reis Magos non vos esquezades de pedir un libro e que disfrutedes en familia destas datas tan especiais nas que compartir momentos máxicos en torno á lectura.
Lembrade que un libro sempre é un bo agasallo!!!!
Bo Nadal e Felices lecturas!!!

14 dic 2014

NADAL EN REDE


A Rede de Dinamización Lingüística presenta o programa de actividades  Nadal en Rede  2014 así como o catálogo de agasallos "Un Nadal mozo e en galego. Guía de agasallos para a xente nova". Tamén presenta outros recursos dixitais , modelos de postais para personalizar e enviar pola rede, modelo de carta aos Reis Magos,.....
http://www.xunta.es/linguagalega/nadal_en_rede
Preme na imaxe para entrar na páxina

9 dic 2014

RECURSOS PARA O NADAL

Como cada ano na  páxina da 
"Coordinadora Galega de Equipos de  Normalización e Dinamización  Lingüística" 
atoparedes moitos recursos para traballar o Nadal  nas aulas: contos, refráns, teatro,o apalpador, cartas, panxoliñas,...
http://coordinadoraendl.org/nadal/index.php
Máis recursos nas seguintes ligazóns
(Preme nas imaxes)
http://atlasdossonhos.blogspot.com.es/2013/12/recursos-para-o-nadal.html
Equipos de Dinamización da Lingua Galega
http://www.xunta.es/linguagalega/os_edlg_tamen_celebran_o_nadal

8 dic 2014

O APALPADOR

     O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é un personaxe que vivía nas altas montañas das serras orientais de Galiza e que nos días do inverno baixa ás aldeas e vilas dos vales para apalparlles a barriguiña ás meniñas e aos meniños por ver se comeran ben durante todo o ano, decíndolles "Así,así esteas todo o ano", achegándolles castañas e agasallos feitos a man.
      O Apalpador, de profesión carboeiro, mora nas devesas das montañas do Caurel e outras serras orientais da Galiza e caracterízase fisicamente por ser un xigante bonachón que viste boina e traxe esfarrapado e con remendos, fuma en pipa e aliméntase con baias salvaxes e os porcos bravos que caza no monte.
       O Apalpador é moi lambeteiro e se @s nen@s lle deixan un calcetín ou uns zapatos con algo doce para axudarlle a andar toda a noite visitando todas as casas de todos @s nen@s galegos, el entrégalles os agasallos de madeira, tea e cartón que fixo coas súas mans no tempo de lecer do resto do ano. Ao Apalpador gústanlle máis os xoguetes feitos á man con materiais naturais como a madeira ou o barro, cheos de cariño e respectuosos co medio ambiente, que aqueles de plástico, automáticos e con pilas que gastan moita enerxía e empobrecen os nenos e nenas doutras partes do planeta.

Pasade pola biblioteca e  poderedes  ler os libros que temos sobre o Apalpador.
RECURSOS SOBRE O APALPADOR
PÁXINA WEB DO APALPADOR
http://www.apalpador.com/
(Preme na imaxe)
COORDINADORA GALEGA DE  ENDL
http://coordinadoraendl.org/nadal/index.php?pax=pax5.php
(Preme na imaxe)

7 dic 2014

LIBRO DE CONTAR

Con  Esther, Tania e Valeria, alumnas de 6º, contamos números, escoitamos unha historia e vimos as ilustracións  do  album "Libro de contar".
Texto de Pep Bruno e ilustracións de Mariona Cabassa, unha historia de suma e de resta cunha ducia de personaxes de ida e volta, cun texto rimado e divertido que fixo que disfrutáramos deste mércores de conto. Grazas!!!!

4 dic 2014

OLLOS DE AULA Nº 18 (DECEMBRO)

O Nº 18 de "OLLOS DE AULA" 
aborda este mes:
Análise do primeiro ano de escolarización dos nenos/nenas,artigo sobre diversos aspectos da educación masculina que teñen unha grande influencia na reproducción do sexismo,siglas que empregamos no ensino,o RRI(Regulamento de réxime interno),recomendacións para ler,cavilar e saber.
http://www.coordinadoraendl.org/ollosdeaula/Ollos%20de%20aula_n18_version_imprimir_a4_a_dobre_cara.pdf
(Preme na imaxe)

2 dic 2014

CULTURGAL 2014

CULTURGAL
A Feira das Industrias Culturais chega a súa sétima edición
É un espazo de encontro e difusión do sector cultural galego: libro, creación audiovisual, artes escénicas, música, deseño, internet e novas tecnoloxías,con novidades como un espazo adicado á gastronomía.
No Pazo da Cultura en Pontevedra os días
 5,6,7 de decembro.
Este é a ligazón ao PROGRAMA

1 dic 2014

BOCADILLOS POLA IGUALDADE

 Palabras,frases e debuxos en forma de bocadillo,cos que montamos o lazo.
Presentación en imaxes