8 dic. 2014

O APALPADOR

     O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é un personaxe que vivía nas altas montañas das serras orientais de Galiza e que nos días do inverno baixa ás aldeas e vilas dos vales para apalparlles a barriguiña ás meniñas e aos meniños por ver se comeran ben durante todo o ano, decíndolles "Así,así esteas todo o ano", achegándolles castañas e agasallos feitos a man.
      O Apalpador, de profesión carboeiro, mora nas devesas das montañas do Caurel e outras serras orientais da Galiza e caracterízase fisicamente por ser un xigante bonachón que viste boina e traxe esfarrapado e con remendos, fuma en pipa e aliméntase con baias salvaxes e os porcos bravos que caza no monte.
       O Apalpador é moi lambeteiro e se @s nen@s lle deixan un calcetín ou uns zapatos con algo doce para axudarlle a andar toda a noite visitando todas as casas de todos @s nen@s galegos, el entrégalles os agasallos de madeira, tea e cartón que fixo coas súas mans no tempo de lecer do resto do ano. Ao Apalpador gústanlle máis os xoguetes feitos á man con materiais naturais como a madeira ou o barro, cheos de cariño e respectuosos co medio ambiente, que aqueles de plástico, automáticos e con pilas que gastan moita enerxía e empobrecen os nenos e nenas doutras partes do planeta.

Pasade pola biblioteca e  poderedes  ler os libros que temos sobre o Apalpador.
RECURSOS SOBRE O APALPADOR
PÁXINA WEB DO APALPADOR
http://www.apalpador.com/
(Preme na imaxe)
COORDINADORA GALEGA DE  ENDL
http://coordinadoraendl.org/nadal/index.php?pax=pax5.php
(Preme na imaxe)

No hay comentarios:

Publicar un comentario