O programa ‘Venres nas
librarías’, promovido polas consellerías de Cultura e Educación, e de Economía
e Industria, xunto coa Asociación Galega de Editores (AGE) e a Federación de
Librarías de Galicia, ofrecerá máis de 80 actividades este ano, durante as fins
de semana de outubro e de novembro, para promover o libro, incrementar o
público lector e poñer en valor as autoras e os autores galegos.
(PREME NA IMAXE PARA ACCEDER AO PROGRAMA)
O programa de actividades desenvolverase os venres e
sábados de outubro e novembro de 2015, e de febreiro e marzo de 2016.
Un total de 17 librarías das catro provincias serán
o lugar de encontro de público lector, de libreiros e libreiras e de escritores
e escritoras para dar a coñecer as novidades editoriais galegas a través de
diferentes propostas: presentacións
de novidades editoriais, conversas entre escritor@s e público, lecturas
dramatizadas de obras literarias, lecturas poéticas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario