Durante as últimas semanas, o alumnado de 1º e 2º de Primaria participou, en sesións independentes, nun novo Obradoiro de Polos Creativos inspirado no libro “O gran circo das palabras” de Eva Mejuto.
Tras escoitar o contacontos e coñecer as aventuras de Rufo, a
rapazada recibiu unha misión moi especial: Operación Circo. Para completala,
tiveron que poñer en marcha as súas habilidades de observación, concentración e
pensamento lóxico.
O reto consistía en construir paso a paso un circuito empregando a placa Makey Makey e o programa Scratch. A medida que avanzaban na montaxe, foron descubrindo como os diferentes elementos conectaban entre si para facer posible a interacción entre os obxectos físicos e o computador. Unha vez completado o dispositivo, chegou o momento de afrontar o desafío final. O pallaso do circo perdera as suas narices, atrapadas en diferentes trampas, e había que rescatalas sen cometer erros.
A actividade inspirada nos xogos de
habilidade e precisión, esixía pulso firme, atención e moita paciencia.
A través desta proposta, o alumnado iniciouse de maneira lúdica en conceptos vinculados ao desenvolvemento do pensamento computacional.


No hay comentarios:
Publicar un comentario