O gran circo do Seis está a piques de rematar a súa función!. Despois de meses cheos de risas, retos e aventuras compartidas, os seus protagonistas prepáranse para coller unhas merecidas vacacións. Pero antes de marchar… queda unha última misión!
Os artistas, malabaristas e equilibristas teñen que viaxar cara ao seu
descanso, e precisan un tren moi especial para facelo. Durante este mes de
xuño, as pezas de Kaplas serán as grandes protagonistas dos recreos na biblioteca. Con elas, haberá que construir o tren do circo, vagoneta a vagoneta, combinando imaxinación, equilibrio e traballo en equipo.
Este mes tamén traerá unha sorpresa moi esperada: a última pegatina para completar o folleto dos retos da biblioteca. Quen os teña poderá recoller un pequeno agasallo como recoñecemento polo esforzo, a creatividade e a colaboración demostrada ao longo do curso.
Ata pronto, artistas do Seis!
.png)
No hay comentarios:
Publicar un comentario