11 nov 2020

13 DE NOVEMBRO: DÍA DAS LIBRARÍAS

O 13 de Novembro celébrase, desde o ano 2011, o Día das Librarías, promovido por CEGAL e a Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura do Ministerio de Cultura e Deporte. En Galicia está incluido no Calendario do Libro e da Lectura e conta co apoio da Federación de Librarías de Galicia.

Desde Cegal sinalan que ”…queremos mostrar que somos espazos próximos, modernos e en continua evolución para xerar cultura, e crear comunidades en torno ao libro e a lectura”.

Este é un bo ano para reivindicar, unha vez máis, as librarías de proximidade, espazos que van máis alá da venda de libros, transformándose en motores culturais da comunidade. Librarías con profesionais que entenden a literatura como algo non supeditado ás modas. Libreiros e libreiras que consiguen o imposible, que nos axudan a conformar unha colección rigorosa nas nosas bibliotecas. Librarías que son espazos de acubillo para alumnado e familias, con múltiples actividades compartidas.

FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES

No hay comentarios:

Publicar un comentario