Na
semana do 14 de maio iniciamos as actividades relacionadas coas Letras Galegas
e a figura de Antón Fraguas que se desenvolverán ao longo deste mes.
Coñecemos o autor homenaxeado, Antón Fraguas, a través da
exposición dos carteis que elaboramos para o concurso das Letras Galegas e que
están expostos no vestíbulo do centro. Van acompañados dunha guía de
actividades.
Todos os
carteis comenzan coa melodía dun CANTAR DE CEGO.
Na
parte esquerda están impresos PICTOGRAMAS que se corresponden coas dúas estrofas
de catro versos para o alumnado de necesidades de apoio específico educativo
con dificultades cognitivas, de aprendizaxe da lectoescritura ou sen comunicación
oral. Son pictogramas de Arasaac.
Hai un
código QR coas actividades suxeridas para cada cartel.
Na
parte dereita hai outro código QR para que as persoas cegas, dun xeito
auditivo, poidan saber o que hai en cada cartel.
No
rectángulo verde están as dúas estrofas en BRAILLE, para que o alumnado con
dificultades de visión poida coñecer a vida e obra de Antón Fraguas a través
dos dez carteis.
PROGRAMA
DE ACTIVIDADES
-Participación
no CORRELINGUA, 14 de maio.
-Actuación
do grupo OVIRAVAI, 15 de maio.
-OBRADOIROS:
carpinteiro, cesteiro, oleira, fiadeira, palilleiras.
-Visita
de Rosalía e Antón Fraguas, 22 de maio.
-Charla
exposición sobre o TRAXE GALEGO.
-EXPOSICIÓN ETNOGRÁFICA, cos materiais aportados polas familias.
-LECTURAS COMPARTIDAS, co Cep Celso Emilio,
24 de maio.
-VI QUEDADA LITERARIA, con
outros centros de Vigo, 27 de maio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario