Por segundo ano participamos nesta actividade, que
se celebrou o 27 de maio no Parque de Castrelos, xunto con outros doce centros
de Vigo e un de Porriño, o Ceip de Ribeira:
Ceip O Rocío-Ceip Castelao- Ceip
Carrasqueira-Ceip Emilia Pardo Bazán-Ceip Doutor Fleming-Ceip O Pombal-Ceip
Chans Bembrive-Ceip Eduardo Pondal-Ceip Frián-Teis-Ceip Ría de Vigo-EEI Rúa
Aragón-IES Santo Tomé.
Contamos coa colaboración do Servizo
de Normalización Lingüística do Concello de Vigo e a Biblioteca Xosé Neira Vilas.
Os protagonistas da xornada foron os nenos e
nenas e os libros.
Educación
infantil de catro anos disfrutaron de contacontos a cargo do alumnado dos clubs
de lectura do Instituto Santo Tomé.
O alumnado de terceiro, dividido en dous
grupos, fixo unha actividade de lectura compartida co Ceip Carrasqueira, Ceip O Pombal e Ceip Frián-Teis, cos que
intercambiaron marcapáxinas e disfrutamos de momentos de lectura, merenda e
charla.
O peche á xornada púxoo Bea Campos, co
espectáculo “A tropa do Doutor Milagre” cheo de música, baile, xogo, comedia e
diversión. Rematamos cantando todos xuntos "O libro máxico" de
Migallas. Foi unha experiencia maravillosa!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario