O
luns poidemos celebrar o Magosto e disfrutar desta festa na
que a castaña foi a protagonista.
As
familias aportaron leña e castañas e os nenos e nenas trouxeron de casa colares
de follas, diademas, sombreiros.
Mentras
os nenos e nenas xogaban as mestras
foron as encargadas de preparar as fogueiras e asar as castañas.
O
alumnado de primaria, ao ritmo de varias cancións, saltaron á comba e infantil
organizou varios xogos, circuito, culler con cuchara e tragacastañas.
E
como remate o baile dos globos, buscamos unha parella e co globo colocado entre os dous bailamos e tentamos
explotalo.
Despois de xogar e cos nosos cestiños e cucuruchos tocaba comer as castañas
que estaban boísimas!!!!
E o toque final, tiznar a cara e bailar!!!!
Pasámolo xenial!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario