O martes 27 recibimos a visita do artesán de percusión tradicional Xosé Manuel SANÍN.
O grupo de “As
Cantareiras do Seis” xa traballara a unidade didáctica “Eu son artesán de
percusión tradicional” e poideron coñecer a historia e o proceso de fabricación
da pandeireta, un dos instrumentos máis característicos da música
tradicional galega: como están feitas as ferreñas, a forma circular
coa madeira, tratar a pel para despois cosela no aro da pendeireta….
Non podiamos rematar esta visita sen cantarlle
unhas pezas do noso repertorio tradicional.
Grazas a Sanín e ao programa “Artesanía na escola” por facer posible esta visita xa que ten como obxectivo achegar aos escolares os oficios tradicionais e os valores da artesanía.



No hay comentarios:
Publicar un comentario