30 ene 2026

DÍA DA ILUSTRACIÓN 2026

O Día da Ilustración celébrase cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. 

Esta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI). 

Unha xornada para recoñecer e por en valor o traballo dos profesionais da ilustración dentro da industria cultural galega e, ao mesmo tempo, para render homenaxe a un ilustrador ou ilustradora do país.

(Cartel da artista Clara Cerviño)

Na edición de 2026, o protagonista é SIRO, caricaturista, retratista, debuxante e pintor ademais destca noutros eidos coma o do xornalismo ou o ensaio.

Máis información na seguinte ligazón:

 diadailustracion.gal

No hay comentarios:

Publicar un comentario